Mellor prezo dispoñible
O encanto dun edificio histórico coas comodidades e servizos que precisas
No Linares Rooms Santiago vívese a pedra e a historia. Atópase no corazón de Santiago de Compostela, a 400 metros da Catedral. O noso aloxamento conta con cómodos cuartos onde prima o confort, deseñados para maximizar o descanso dos hóspedes. Está pensado para aqueles viaxeiros que queiran desfrutar da cidade sen présas.
Atopámonos xunto ao mercado de abastos e a zona gastronómica máis viva e dinámica da cidade. Deixa que che aconsellemos e ven a comerche Santiago.
VIVE A CIDADE COMA UN AUTÉNTICO PICHELEIRO!
Toda a riqueza histórica e gastronómica de Santiago de Compostela a só uns pasos de ti
A gastronomía comparte importancia co patrimonio na zona, xa que Linares Rooms se sitúa entre o mercado de Abastos e a rúa de San Pedro, os dous eixos fundamentais do auxe culinario da cidade, onde poderás degustar os pescados e mariscos típicos da cociña galega.

.jpg)
Comodidade e benestar
Escolle entre a nosa variedade de cuartos o que mellor se adapte ás túas necesitades.
Ver máis

Un edificio histórico
Hospédate nun edificio con máis de 150 anos de historia no corazón de Compostela.
Ver máis

Todos os servizos
Poñemos á túa disposición todos os servizos que poidas precisar para facer a túa estancia máis agradable.
Ver máis

Coñece Santiago
En plena zona monumental e a tan só 500 metros da praza do Obradoiro.
Ver máis