Turismo
Home > Turismo

Turismo
Linares Rooms

Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1985 grazas á súa beleza monumental e excelente conservación patrimonial. A capital galega combina o arte e a historia das súas rúas cunha gran actividade cultural e unha excelente oferta gastronómica.

Monumental
Monumental

A praza do Obradoiro, presidida pola maxestosa catedral, símbolo da cidade e final do Camiño de Santiago, é unha parada indispensable para calquera visitante. Non deixes de percorrer as estreitas rúas de pedra do casco histórico para descubrir todos os seus recunchos.

Gastronómica
Gastronómica

Non dubides en probar a gran variedade de pescados e mariscos que ofrece a gastronomía galega, nin en aderezalo cun viño procedente dunha das cinco denominacións de orixe galegas. E se aínda quedaches con fame, remata a túa comida coun anaco de torta de Santiago.

Cultural
Cultural

Santiago de Compostela concentra gran parte da oferta cultural galega. Representacións teatrais, actuacións musicais, arte de rúa e incluso pequenos festivais e mostras de cine teñen lugar en diferentes puntos da cidade durante todo o ano.